Deseñada para promover hábitos saudables entre os maiores de 70 anos, a actividade +70 ofrece un enfoque integral que inclúe educación física, psicoloxía, alimentación e fisioterapia. Durante a xornada, os participantes viviron de preto as distintas disciplinas que conforman esta iniciativa. A partir de agora, a actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de 10 a 11 horas, no pavillón deportivo municipal.

Notas de prensa
A mocidade de Ares aprende a coidar a contorna: «Mola que sepAres!»
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Medio Ambiente, levou a cabo no CPI As Mirandas unha xornada divulgativa e lúdica sobre reciclaxe



