- O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá Ares para informar das últimas novidades vencelladas co proxecto de mellora do sistema de abastecemento na vila, un investimento central para o municipio cun orzamento total de preto de 4,3 millóns de euros.
- O alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, recepcionou ó Presidente e enfatizou o carácter simbólico do evento: “este día é moi importante para Ares, porque despois de moitos anos detrás dunha solución, por fin chega”.
É o froito do traballo entre administracións con respecto e lealtadade, porque este país se constrúe entre todos”: esa foi a síntese que realizou o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, na súa recepción desta mañá a Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia, para dar conta da situación actual do proxecto de mellora do abastecemento en Ares.
Nun acto informativo ás portas do consistorio aresán, o Presidente da Xunta debullou os principais detalles da intervención que rematará cos problemas de auga na vila: “as obras atópanse en fase de valoración das propostas presentadas á licitación; a intención é comezar con elas este mesmo ano”. E aludiu Alfonso Rueda ó feito de que “se esperou moito tempo por isto, e a ocasión merecía un acto así”.
Tamén salientou o Presidente a “relevancia de contar cun servizos á altura do que merece toda a contorna” de Ares e agradeceu a “implicación do Concello para responder a un esforzo tan importante”.
O rexedor do municipio, Julio Ignacio Iglesias, trasladou o seu agradecemento polo xesto institucional da visita, definindo a xornada como “un día moi relevante para Ares, e tamén para min como alcalde, porque levamos moitos anos detrás dunha solución que por fin chega e permitirá deixar de padecer unha problemática nun servizo básico”.
Ao evento de presentación acudiu non só Presidencia da institución autonómica, senón tamén a Conselleira de Medioambiente, Ángeles Vázquez; o Conselleiro de Cultura, José López Campos; o director de Augas de Galicia, Roi Fernández; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; concelleiros do equipo de goberno e membros da corporación municipal.
Xunto coa presentación técnica das obras e as alocucións, houbo marxe para que o presidente Alfonso Rueda asinase o Libro de Ouro do Concello e estenderlle o regalo conmemorativo por parte do Concello cunha lámina do artista local Antonio Seijas.
4,3 millóns de euros en total
Esta obra de mellora do sistema de abastecemento de auga no municipio contempla un importante investimento que ascende a preto de 4,3 millóns de euros, incluído neste importe final a redacción do proxecto técnico, a súa dirección de obra, o control de calidade e outros elementos vencellados coa xestión da intervención.
A Xunta asumirá un 40 % deste investimento a través do seu organismo autonómico de Augas de Galicia –mobilizando, baixo esta distribución, 1.705.760 euros dende a súa banda– e o Concello de Ares responsabilizarase do 60 %, mais contará co apoio da Deputación da Coruña, que sufragará máis da metade desta porcentaxe, tal e como se estipulou no convenio asinado con eles en outubro de 2023.
Deste xeito, o Concello mobilizará 852.730 euros dende as súas arcas municipais, namentres que a Deputación incorporará 1.705.760 euros.
Novo depósito de 3.400 metros cúbicos e dúas novas liñas para a distribución da auga
O proxecto de mellora do abastecemento tradúcese en tres grandes construcións para a vila interrelacionadas entre si. A principal infraestrutura que se materializará será o novo depósito de regulación de auga potable no alto de Simou con 3.400 metros cúbicos de volume de almacenamento.
A mayores, construíranse unha nova liña de aducción dende as inmediacións do lugar de A Barca de 2.500 metros de lonxitude e un diámetro de 350 mm e, finalmente, unha liña de distribución xeral de 1600 metros de lonxitude e un diámetro de 300 mm para conectar toda a nova infraestrutura coa rede xa existente de abastecemento na contorna de Pedrós.
Este conxunto de construcións artículase en base ao estudio e diagnose executados no 2019 por parte de Augas de Galicia onde se contemplaban as alternativas que puidesen resolver a problemática de abastecemento na vila, concluíndo coa necesidade de materializar as novas liñas e o depósito de auga potable.
Con todo, a esta actuación se lle suman o resto de obras executadas dende o goberno local ao longo dos últimos anos, dende a renovación do sistema de tuberías á creación de depósitos en Cervás e a recuperación doutros depósitos en Os Castros, amais das negociacións con Xunta de Galicia e Deputación para recibir apoio na mobilización dun investimento destas dimensións.
Así, poderán solventarse tres grandes necesidades en Ares a través desta mellora da rede de abastecemento: garantizarase o subministro de auga á poboación con presións adecuadas, alcanzarase unha continuidade do servizo de abastecemento de 24 horas en todo o concello e dotarase ao termo municipal dunha capacidade de reserva de auga potable en cantidade suficiente para afrontar situacións de emerxencia.