A Xunta vén de abrir recentemente o prazo de solicitudes do “Bono Coidado”, unha axuda para atender as necesidades de conciliación que poidan ter as familias con menores de ata 12 anos ao seu cargo en momentos puntuais ou durante os períodos de vacacións escolares. Do Bono Coidado poderán beneficiarse os pais/nais e persoas titoras, ou aquelas en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos.

Se estás interesado/a na iniciativa, tes ata o 30 de setembro para formalizar a solicitude. Lembra que os Servizos Sociais de Ares están dispoñibles para dar asesoramento e axuda na presentación do trámite. Podes contactar telefonicamente no 981 448 354 con eles ou achegándote ata o departamento municipal na Praza da Constitución.

Consulta toda a información do Bono Coidado nesta ligazón:
https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/ayudas/bono-coidado-una-ayuda-para-la-conciliacion-de-las-familias