Esta fin de semana, a vila encheuse de corredores e corredoras no marco da XXXII Milla Urbana Concello de Ares. Volveu agromar o carácter interxeracional desta proba fortemente arraigada na programación deportiva de verán, con categorías dende os prebiberóns até os séniors, e mesmo con entrega de trofeos non só aos gañadores, senón tamén ao participante máis novo ao máis veterán, reafirmando o carácter popular da proba.
A climatoloxía favoreceu a xornada, que dinamizou o paseo marítimo de Ares e permitiu a veciñanza, deportivas e turistas gozar desta visión lúdica do evento, inscrito no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
Consulta todos os resultados en https://www.carreirasgalegas.com/results/xxxii-milla-urbana-concello-de-ares/WyjP2gme.
Fotografías: Comisión de Festas de San Roque