Aberto o período de inscrición para os campamentos deportivos provinciais deste verán, nos que poderán participar ata tres nenos ou nenas de Ares

Comparte esta nota de prensa

Estes campamentos deportivos, organizados pola Deputación da Coruña, ofrecen unha ampla variedade de actividades a menores de diversas localidades, incluíndo Ferrolterra, Eume, Ortegal e a comarca de Betanzos.

O campamento levarase a cabo entre o 2 e o 7 de xullo na residencia do IES Rosalía Mera na Coruña. Durante estes cinco días, os menores poderán gozar dunha ampla selección de actividades, como deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornadas de praia e visitas a centros culturais da cidade. Ademais, a cota de inscrición de 85 euros inclúe o aloxamento, o transporte interno e os gastos das actividades.

A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de entre 9 e 14 anos de idade, nacidos/as entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014.

As familias aresáns interesadas en inscribir aos seus fillos/as deberán presentar unha folla de inscrición, debidamente cuberta, xunto cunha copia do carné de identidade ou libro de familia dos menores, na biblioteca municipal antes do 7 de xuño.

No caso de que o número de solicitudes de participación supere o de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público para adxudicar as prazas, e terán preferencia aqueles nenos e nenas que non asistisen a estes campamentos con anterioridade.

Folla de inscrición en https://acortar.link/8rUUBq

Pódeche interesar