A convocatoria do Bono Cultural Xove 2025 do Goberno de España vén de abrirse nestes días para todo aquel mozo/a que nacera no 2007, beneficiándose desta axuda pensada para gozar da cultura ao acadar os 18 anos.

O Bono Cultural Xove permite contar, durante 12 meses, con 400 euros para usar en produtos ou actividades culturais cunha distribución específica:

  • Haberá 200 euros para artes escénicas e eventos culturais
  • 100 euros para produtos culturais físicos como libros, discos ou prensa
  • E 100 euros para empregar en cultura dixital: suscricións, podcasts, videoxogos en liña…

A mocidade de Ares tamén pode aproveitar a oportunidade e beneficiarse do Bono Cultural Xove, sabendo que hai xa máis de 100 establecementos do sector cultural que o admiten na provincia da Coruña.

Poderase solicitar até o 31 de outubro de 2025 na seguinte ligazón: https://bonoculturajoven.gob.es/.