Informamos que, por razóns familiares do grupo actoral de Gallaecia Eventos, a representación do espectáculo “Na Cerna do Son”, prevista para o vindeiro domingo 28 de setembro ás 20:00 horas no Casino Aresano, queda adiada.
O evento, promovido pola Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña e o propio Casino Aresano, será reprogramado e en breve comunicarase a nova data.
Agradecemos a comprensión e pedimos desculpas polas molestias ocasionadas.