RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Comisión seleccionadora Auxiliares da Policía Local 2025
Expediente electrónico: 633/2025
A vista das Bases para a contratación en réxime laboral temporal de catro (4) auxilares da Policía Local
Aprobadas e iniciada convocatoria de contratación, visto-los preceptos de xeral aplicación, en especial a Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e a Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia:
VEÑO EN RESOLVER
1.- Admitir definitivamente aos aspirantes que se citan a continuación:
- Álvaro Romaus Rañales
- Celia Meizoso Romero
- César López Santiago
- Perfecto Velo Varela
- Raquel Tarrio Parada
2.- Excluir a:
- Ninguén
3.- Designar aos membros da Comisión seleccionadora do seguinte xeito: Presidente: Jaime Alberto Domínguez Fernández
Secretaria: Isabel Margharetto Rodriguez
Vogais:
Angel Rodriguez Calviño
Oscar García Bello
Rocío Castro Pico
4.- Fixar a Proba de Coñecementos para o Xoves 12 de xuño ás 10:30 no Salón de Plenos do Concello e ás 12:00 as probas físicas.
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, seis de xuño de dous mil vinte e cinco, do que eu Secretario dou fe.