Adxudicados os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da Rúa Os Anxos

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Urbanismo vén de informar da adxudicación das obras nun tramo da  rúa Os Anxos (desde o cruce da rúa San Xosé ata a altura da rúa Irmáns Bugallo), unha actuación que permitirá mellorar os servizos e os pavimentos.

A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 100.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña, en concreto, cunha achega de 79.735,16 euros do ente provincial e 19.933,79 euros asumidos polas arcas municipais.

Segundo o proxecto técnico dos traballos que se veñen de adxudicar, as obras renovarán a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, levándose a cabo tamén obras civís no alumeado, na electricidade e nas telecomunicacións.

Ademais, cubrirase a rúa cunha capa de rodadura con algomerado, instalarase un pavimento de loseta hidráulica similar á actual e realizarase a sinalización horizontal en todo o ámbito de actuación.

Sobre os fondos que se executan a través do POS da Deputación, Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, sinalou  que “todas as actuacións que incluímos no Plan Único enfócanse principalmente á mellora e renovación da infraestrutura de abastecemento e saneamento e, tamén, á execución de novas pavimentacións. É o caso da rúa San Xosé, a rúa Fomento e a rúa dos Anxos, todas no POS 2022 e POS adicional deste ano”. Entre as tres actuacións supéranse os 425.000 euros de investimento total, sumando fondos provinciais e municipais.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,