Avisos

Ao longo da xornada de hoxe, 3 de xullo, actívase a alerta VERMELLA (nivel máximo) na nosa contorna por un episodio de vaga de calor, segundo informa a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

Prégase precaución e seguir as recomendacións estipuladas:

💧 Hidrátate con frecuencia, aínda que non teñas sede. Bebe auga ao longo do día.
🏠 Busca lugares frescos e ventilados, especialmente nas horas de maior calor.
☀️ Evita a exposición directa ao sol nas horas centrais do día, sobre todo entre o mediodía e media tarde. Se tes que saír, usa protección solar, gorra ou sombreiro.
👵 Presta especial atención ás persoas máis vulnerables, así como aos animais de compañía.

En caso de ser necesario, chama a ☎️ Emerxencias Galicia (112).