Anuncio información pública.

Vistas as Bases xerais dos procesos selectivos convocados polo Concello de Ares para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 publicadas no BOP nº 246 de data 29/12/2022 que na súa Cláusula Décima dispón facer pública a valoración de méritos dos aspirantes outorgada polo tribunal de cada
proceso, a efectos do seu posterior nomeamento, por medio do presente publícanse as valoracións obtidas para as seguintes prazas convocadas, outorgando un prazo de dez días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do presente anuncio para formular alegacións.

Advírtese que os propostos para a contratación deberán presentar a documentación sinalada nas bases para xustifica que cumpren os requisitos para accederen ao posto convocado, segundo a claúsula Décimo segunda das Bases.

Ares, 4 de abril do 2024.

O Alcalde-Presidente
D. Julio Ignacio Iglesias Redondo

ANUNCIO en pdf