Supón unha liña de apoio económico dirixida a mozos e mozas de ata 35 anos que adquiran ou adquirisen a súa vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior ós 10.000 habitantes, coma acontece no caso de Ares. Entre outros requisitos, a vivenda non pode superar os 120.000 euros.

A solicitude pode realizarse telematicamente, mais dende o departamento dos Servizos Sociais de Ares brindan axuda na tramitación da subvención se así o precisas. Non esquezas que o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro.

Tes toda a información da convocatoria nesta ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435A&fbclid=IwAR1lv14UC-32x4kSfg7eH3ASkiRH8h_F4_IM99zwjeCfGBFOkIt_LnLwlzg