Lembra que hoxe, luns, 12 de maio, comezan as inscricións para o servizo municipal de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres 2025.
Previa entrega da documentación no Departamento de Servizos Sociais ou vía rexistro electrónico na web institucional, www.concellodeares.gal, é preciso formalizar un prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do programa, nesta ligazón: https://forms.gle/K8RE7m6PmV48jyz7A.
O proceso de reserva estará aberto ata o 30 de maio!
BASES COMPLETAS: https://concellodeares.gal/bases-do-servizo-municipal-de-conciliacion-laboral-e-familiar-conciliares-2025/