Dende o IES de Mugardos achegan nova información sobre a súa oferta educativa de dous ciclos en modalidade de FP Dual Intensiva de Grao Medio. Unha boa oportunidade para que a veciñanza poida fomarse combinando clases no centro como traballo real no sector.
Así, ofértanse dúas propostas:
- Xardinaría e floraría
- Aproveitamento e conservación do medio natural
O centro educativo tamén salienta a adaptación horaria, con quendas de tarde, para o estudantado destas modalidades, así como as prácticas remuneradas e o apoio dunha rede de empresas colaboradoras que garanten unha inserción laboral de calidade.
A recepción de solicitudes estará aberta até o día 30 de xuño ás 13:00 h.
Máis información no teléfono de contacto: 881 93 82 00
