Avisos

Por Resolución de Alcaldía 2026-438 de data 14/05/2026, adoptouse o seguinte acordo: “RESOLUCIÓN ALCALDÍA APROBACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO SELECTIVO DE PROVISIÓN MEDIANTE PROMOCIÓN INTERNA DE TRES PRAZAS DE ADMINISTRATIVO/A, PERSOAL LABORAL FIXO, INCLUIDAS NA OFERTA  PÚBLICA  DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar na provisión en propiedade de tres prazas incluídas na oferta de emprego público 2025, grupo C, subgrupo C1, Administración Xeral, denominación Administrativo/a, de conformi- dade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno do día 02/03/2026 con corrección de erro de    data 23/03/2026 en virtude do artigo 233.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, xunto coa convocatoria efectuada no BOP núm 57 de data 26/03/2026, e en virtude do Real Decreto nº896/1991 de 7 de xuño, e do artigo 20 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que por se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal  ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado,

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluidos no BOP nº 74 de data 22/04/2026 por espazo de dez días hábiles, sen terse presentado reclamacións.

RESOLVO:

Primeiro.– Elevar a definitiva a listaxe de aspirantes admitidos e excluídos para participar na provisión en propiedade     de tres prazas incluídas na oferta de emprego público 2025, grupo C, subgrupo C1, Administración Xeral, denominación Administrativo/a, seguinte:

Admitidos :

  • Dna Rocío Castro Pico DNI: ***1218**
  • Javier Romero Martínez  DNI:  ***7781**
  • Dna Patricia Becerra Díaz con DNI.- ***9162**

Excluídos : Ningún.

Segundo. Designar aos seguintes integrantes do tribunal seleccionador para a selección das prazas que de seguido se expresan:

Presidenta: Dna Mª Concepción Dragó Porta, funcionaria, Administrativa do Concello de Ares

Secretario: D. Manuel Larrosa Rodríguez, funcionario de habilitación nacional, Secretario-Interventor do  Concello  de Ares

Vocais:

  • Dna Carmen González Tenreiro funcionaria, Tesoureira do Concello de Ares
  • Alfonso Portela Martínez, funcionario, Arquitecto Técnico do Concello de Ares
  • Benito José Calvo Castro, funcionario, Director Xeral de Urbanismo do Concello de Ferrol

Suplentes:

  • Javier Sánchez Romero, Persoal Laboral, Director Técnico Deportivo do Concello de Ares.
  • Dna Maria Ana López Fernández, funcionaria Traballadora Social do Concello de Ares
  • Dna Lucía Regueira Martínez, Persoal laboral, Educadora Social do Concello de Ares

Terceiro.- Designar o día 21 de maio ás 18:00 horas no salón de sesións do Concello para a realización do primeiro exercizo da oposición.

 

Ares, 14 de maio do 2026 O Alcalde-Presidente

Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo

 

RESOLUCIÓN en pdf