Avisos

D. MANUEL LARROSA RODRÍGUEZ, SECRETARIO DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA), CERTIFICO:

Que pola Xunta Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de xuño do 2026, adoptouse o seguinte acordo:

PUNTO NUM 1.- OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2026

Visto que por acordo do Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2026, aprobouse, xuntamente co Orzamento Municipal o Cadro de persoal deste Concello para o ano 2026, sendo publicado anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, núm. 96, de data 25 de maio de 2026.

Visto que no citado Cadro de persoal e correspondente Relación de Postos de Traballo figuran vacantes e dotadas orzamentariamente diversas prazas, cuxa cobertura se considera necesaria no presente exercicio para o bo funcionamento dos servizos municipais.

Visto o informe xurídico emitido pola Secretaría desta Corporación con data 4 de xuño de 2026, así como o  que se dispon nos artigos 91 da Leí 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.

Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co que se establece no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

A Xunta Local de Goberno, previa deliberación acorda por unanimidade :

PRIMEIRO. Aprobar a Oferta de Empleo Público deste Concello para o ano 2026, que conten os seguintes postos de traballo:

 

PERSOAL FUNCIONARIO.
Categoría Prog Núm Grupo Subgrupo Escala Situación Observacións
Oficial Xefe Policía Local 132      1     C               C1 Ad. Especial Vacante

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

PERSOAL FUNCIONARIO.
Categoría Prog Núm Grupo Subgrupo Escala Situación Observacións
   Observacións Traballadora Social 231           1     A             A2 Ad. Especial Vacante

 

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

 

PERSOAL LABORAL FIXO:
Categoría Prog Núm Titulacion Situación Observacións
Oficial 1ª Obras e Servizos 453 1 Estudos Primarios Propiedade Contrato relevo

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

 

Categoría Prog Núm Titulacion     Situación Observacións
– Oficial 1ª S X. Auga 161 1 Est. Primarios       Vacante

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

 

Categoría Prog Núm Titulacion     Situación Observacións
– Peón Nave Almacén 453 1 Est. Primarios       Vacante

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

 

Categoría Prog Núm Titulacion     Situación Observacións
– Conserxe C.P.I. As Mirandas 323 1 Est. Primarios       Vacante

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

 

Categoría Prog Núm Titulacion     Situación Observacións
– Limpiadoras 920 4 Est. Primarios       Vacantes

Réxime: Sistema de Concurso-Oposición

SEGUNDO. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, na sede electrónica deste Concello, no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e no DOG.

TERCEIRO.- Convocar as prazas ofertadas en execución da presente Oferta de Emprego Público dentro do prazo improrrogable de tres anos a contar dende a súa data de publicación.

 

E para que así conste e surta seus efectos, expido a presente a reservas do disposto no artigo 206 do R.O.F. de Orde e co Visto e Prace do Sr. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares á data da sinatura electrónica da presente

 

Vº e Prace

O ALCALDE-PRESIDENTE                                                                                                                         D.S.M.  O Secretario

 

CERTIFICADO en pdf