Área Municipal de Deportes
HORARIO
De luns a venres
de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
LOCALIZACIÓN
Centro Cultural da Alianza Aresana
Rúa María, 11
15624 ARES. A Coruña
Dende o Área de Deportes do Concello de Ares tratamos de potenciar a práctica do deporte en todo os seus ámbitos: iniciación deportiva (escolas deportivas municipais e escolas de clubes), educación física (deporte escolar), ocio (programas anuais específicos) e competición
Liñas de actuación:
- Planificar e programar o deporte municipal atendendo a todos os sectores da poboación: Escolas Deportivas Municipais, Programa Deportivo de Nadal, Programa de Deporte Escolar, Programa de Actividades na Natureza, Programa Deportivo de Verán.
- Colaboración co asociacionismo deportivo e as actividades de seu.
- Equipamientos deportivos municipais (creación de novas infraestructuras deportivas e mantemento das xa existentes).
- Turismo e Deporte (o Deporte en Ares como un elemento de dinamización turística: Roteiro SendARES, Programa BicicletARES, Rotas de BTT e sendeirismo dentro do Programa de Actividades na Natureza ¡Por terra, mar e aire!, Peirao Deportivo).
As principais liñas de actuación do área de deportes:
Promoción de actividades en idade escolar:
- Fomentamos e regulamos as actividades físicas e deportivas dirixidas a toda a poboación en idade escolar.
- Fomentamos e regulamos as actividades físicas e deportivas dirixidas a toda a poboación en idade escolar.
Deporte para todos:
- Ofrecemos unha rede equilibrada de servizos e actividades que favorecen unha millor calidade de vida.
Fomento do asociacionismo deportivo (entidades, asociacións ou clubs deportivos):
- Fomentamos e regulamos o asociacionismo en todas as súas manifestacións como marco para o desenvolvemento de actividades físicas e deportivas, e a dinamización do pobo.
O ocio deportivo:
- Ofertar diferentes programas deportivos para a poboación durante todo o ano axudando a encher o tempo libre dunha forma saudabel e activa (campamentos deportivos de verán, cursos de achegamento a novas prácticas deportivas,….
Que obxetivos nos formulamos?
Cremos ca dirección que ten que seguir o noso traballo consiste en:
- Ofrecer ós aresáns servizos e actividades físicas e deportivas para todas as idades posibeis.
- Proporcionar todo tipo de axuda, ó alcance da Área de Deportes, para potenciar a escala local o arraigo e a estructuración de iniciativas deportivas, nomeadamente ó tecido deportivo local.
- Dar resposta ás necesidades deportivas plantexadas polos cidadáns de Ares.
- Apoiar ós clubs e entidades deportivas do municipio.
- Empregar o deporte como instrumento que nos permita, primeiro, educar de forma integral ós individuos co practican e, segundo, dar a coñecer a imaxe da nosa poboación.
- Tentar facilitar o acceso á práctica deportiva daqueles colectivos que por razóns socioculturais e/ou económicas non participan de forma habitual.
- Promover as actividades físicas e deportivas en idade escolar.
- Desenvolver un plan de equipamentos deportivos axeitado para o Concello, mellorando o que xa temos e construíndo novas infraestructuras adaptadas ó momento actual.
Equipamentos deportivos de titularidade municipal:
- Pistas Polideportivas nas parroquias: CIRS de Cervás, C.C.Outeiro de Chanteiro,
- Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes. ( Camiño de Maciñeiras, s/n).
- Campo de fútbol municipal de herba artificial. ( Prados Vellos).
- Pavillón Municipal de Deportes. ( Camiño de Maciñeiras, s/n).
- Espazos polivalentes ( Praza da Constitución, praia do Xuncal).
- Pista polideportiva do Colexio “Conde de FENOSA”.
Que hai que facer para acceder a estes servizos?
Dirixirse ás oficiñas do Área de Deportes do Concello de Ares:
Centro Cultural da Alianza Aresana
Rúa María 11. 15624 ARES ( A Coruña)
Horario: de luns a venres de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
Teléfono e fax: 981448057.
e-mail: deportivos@concellodeares.com