Ares adéntrase no San Froilán de Lugo

Comparte esta nota de prensa

Parte da nosa veciñanza desprazouse o venres pasado no autobús habilitado pola Concellaría de Igualdade e Benestar até a cidade lucense para explorar o San Froilán 2024, unha das principais celebracións do outono galego, xa declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

O tempo permitiu gozar durante a visita da gastronomía de Lugo, especialmente do polbo tanto na hostalería local como nas casetas da feira, amais de camiñar polos arredores do seu monumental casco histórico e da súa muralla romana, un dos maiores tesouros de Galicia: máis de dous quilómetros de historia que forman parte do Patrimonio da Humanidade.

Toda unha experiencia que non se debe deixar pasar antes de rematar o ano!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación