Ares celebra o Día de Rosalía con tres propostas culturais na Biblioteca Municipal

Comparte esta nota de prensa

Tras o Entroido, a programación cultural do Concello neste mes de febrero volve mirar cara unha das figurais esenciais na literatura galega, co gallo da conmemoración do Día de Rosalía 2026, unha efémeride que lembra a trascendencia de Rosalía de Castro no que é Galicia na actualidade e, ao mesmo tempo, tamén celebra o seu nacemento un 23 de febreiro de 1837.

Sumándose ás celebracións desta data, a Concellaría de Cultura artellou unha programación con tres propostas que abranguen distintos públicos, facendo da Biblioteca Municipal de Ares un espazo de encontro no que achegarse a unha autora universal, que é tamén símbolo da identidade galega.

A primeira cita será o propio luns 23 de febreiro, ás 16:30 horas, coa actividade “Rosalía na memoria, dirixida ás persoas usuarias dos obradoiros de memoria municipais. Unha proposta de balde que permite un primeiro contacto coa figura de Rosalía, a súa obra e o seu impacto ao longo do tempo.

A programación continuará o mércores 25 de febreiro, tamén na biblioteca, coa proposta infantil “Miña casiña, meu lar…”, ás 18:00 horas. Dirixido a crianzas de 5 a 10 anos, este obradoiro convida ás máis pequenas e pequenos a descubrir o universo rosaliano a través do xogo e da creatividade, evocando un dos versos máis recoñecibles da autora. A actividade terá un custo de 2 euros e requirirá inscrición previa na Biblioteca Municipal a partir deste mesmo xoves 19 de febreiro ou no teléfono 981 44 80 57.

Pechará a programación o 26 de febreiro ás 18:30 horas o espectáculo familiar Cantamos con Rosalía”, de Luis Vallecillo, unha proposta escénica que mestura música e poesía para achegar os textos da escritora ao público de todas as idades, bailando, xogando e divertíndose. A entrada será de balde ata completar aforo.

Tres actividades para celebrar, ler e lembrar a Rosalía de Castro dende múltiples perspectivas!

Pódeche interesar