Ares clausura a última edición do Campus Chiquibásquet

Comparte esta nota de prensa

O pavillón polideportivo municipal acolleu o venres pasado a clausura do XVI Campus Chiquibásquet, poñendo así o peche á programación lúdico-formativa que se desenvolveu durante toda a semana e que se materializou coa intervención da Concellaría de Deportes.

Uns 40 rapaces e rapazas recibiron o seu diploma acreditativo e concluíron a súa experiencia neste evento onde traballaron tanto a iniciación ao baloncesto coma o perfeccionamento, divididos en grupos en función das súas idades, que permutaron entre os 5 aos 22 anos.

A  maiores do entrenamento cos monitores e con Chiqui Barros, tamén se achegaron até Ares docentes convidados relacionados coa práctica baloncestística na comarca coma o entrenador ferrolán Manu Carballeira, unha participación ideal para traballar o xogo sen balón, a ocupación de espazos ou a procura de posición de vantaxes na cancha.

Xa superada a décimosexta edición, amosando o arraigo da iniciativa no municipio, só queda despedir o Campus Chiquibásquet e agradecer a involucración de xogadores e equipo técnico! Até pronto!

Pódeche interesar