A Alianza Aresana acolleu o venres pasado a penúltima sesión das charlas de Academia AresXSalud, desta volta cunha ponencia divulgativa que afondou nos bos hábitos que se poden instaurar no día a día para autocoidarse e mellorar a calidade de vida en xeral.
Baixo o título ‘Adultos maiores: como activarnos’, o psicólogo e educador físico Jose Antonio Barcia Tucceli fixo fincapé na importancia de comprender a fraxilidade e traballala, tendo en conta que tanto corpo coma mente están interrelacionados e é esencial coidar ambos aspectos para gañar en saúde.
O evento estivo promovido pola Concellaría de Benestar, coma toda a Academia AresXSalud, un programa educativo para fomentar hábitos saudables na veciñanza.