Ares desde o Mar 2025

Comparte este evento

Do 21 de xuño ao 12 de outubro
Navega connosco!

Todas as fins de semana en horario de mañá e tarde, rutas pola ría.

💶 Prezos:

  • Adultos: 15 €

  • Menores: 8 €

🕒 Horarios:

Sábados e domingos:

  • Mañá:

    • De 11:00 a 12:30 h

    • De 12:30 a 14:00 h

  • Tarde:

    • De 17:00 a 18:30 h

    • De 18:30 a 20:00 h

📞 Contacto e reservas:

  • Barco: 609 224 223

  • Oficina de Turismo: 981 468 259

🌊 Sube a bordo do Presas e goza da costa aresá

A tarrafa Presas é unha embarcación doada ao concello no 2008, por un armador aresán, e rehabilitada posteriormente ao abeiro de axudas da Consellería do Mar.

Ao longo do 2013 utilizouse como aula do mar dentro da especialidade mariña do obradoiro de emprego promovido polos concellos de Ares e Fene.

Xa a partir do 2015 comezou a navegar pola nosa ría permitindo, a través de rutas turísticas, poñer en valor a súa riqueza paisaxística e achegar a cultura mariñeira aresá a todas as persoas que nos visitan e a nosa propia veciñanza.

Organiza: Mares de Ares – Concellería de Turismo – Concello de Ares

Pódeche interesar...

Eventos

Lume no Castelo e no Casteliño 2025

Lume no Casteliño 29 de Agosto | 21:00Canto máis conto – Contacontos de Maquinarias Teatro para a rapazada. Lume no Castelo 30 de Agosto |

Eventos

Festas da Mercé – Chanteiro 2025

Venres 19 de setembro Cea baile ás 22:00h baixo carpa.Menú: Paella mixta, carrilleras, bebida, pan, postre, café e chupito.💶 Por só 30€➡️ Necesario anotarse previamente