Ares despediu o Entroido 2026 con festa, unhas boas gargalladas e chocolate quente

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza, dende os máis pequenos ata os maiores, saíu este mércores para gozar dunha tarde chea de festa dentro da programación impulsada pola Concellaría de Cultura polo Entroido 2026. Orellas, chocolate quente, música, animación, inchables, touro mecánico, pista americana… o pavillón polideportivo municipal converteuse nun espazo de troula para celebrar unha das datas máis singulares do calendario galego.

Houbo tamén tempo para dar renda solta á creatividade nos obradoiros de máscaras e pintacaras, para posar no photocall e para participar no sorteo de agasallos entre as persoas que se animaron a vir disfrazadas.

Na celebración colaboraron, un ano máis, o voluntariado de Protección Civil de Ares e a Sociedade Cultural O Tilo, aos que se lles estende un especial agradecemento pola súa involucración.

 

¡

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares, escenario de deporte e convivencia

O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar