Ares despide a Copa de España Montefaro Enduro Race 2025

Comparte esta nota de prensa

A localidade puxo o punto e final ó campeonato nacional da Montefaro Enduro Race 2025, a Copa de España que se celebrou durante esta fin de semana  na contorna de Ares coa súa paisaxe coma protagonista. Unha edición que rematou coa victoria de  Marco Veiga na categoría masculina e Marta Jordán na feminina.

Así, máis dun centenar de ciclistas acudiron  a Montefaro para lanzarse a percorrer os preto de 30 quilómetros que propón esta Copa de España nunha proba que mestura a dureza do terreo coa beleza da natureza, e facendo que o público poida coñecer de preto tanto aos deportistas locais como nacionais

Con todo, o evento impulsado polo Club Pulpeiros, en colaboración coa institución local aresá, estendeu a súa actividade tamén ó gastronómico cunha churrascada popular en colaboración co Club Remo de Ares e o concerto do grupo SINTRON no Parque Rosalía de Castro.

A Montefaro Enduro Race despediuse do municipio coa entrega dos premios, á que acudiu a edila Lucía Blanco en representación do Concello.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de