A cita solidaria da Asociación Española contra o Cancro, que ten Xunta Local propia na vila, regresará o 27 de xullo de 2025.
 
 Trátase dun percorrido de 6 km polo paseo marítimo, pasando por Poellas, a praia de Centeas e a praia da Barrosa, con saída ás 11:00 h na praia do Xuncal.
A participación é de 5 € os adultos e 3 € os nenos e nenas ata 12 anos. Se non podes acudir, podes colaborar co Dorsal Solidario 💚 .

Inscricións en:

  • Ópticas Noroeste
  • Kiosco de Emma
  • Floristería Real
  • Concello de Ares (Servizos Sociais)
  • Peluquería María Roel