Ares en marcha contra o cancro

Comparte esta nota de prensa

O próximo domingo, 3 de setembro, a partir das 11:00 horas, a nosa localidade contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co Concello. Serán 6 quilómetros de percorrido desde a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e regreso ao paseo marítimo.

Lembra que para participar, haberá que inscribirse previamente na andaina, cun custe de 5,36 euros para os adultos e de 3,31 euros para os nenos e nenas (ata os 12 anos). Poderás inscribirte en Ópticas Noroeste, Kiosco de Emma, Floristería Real, Peluquería María Roel, no edificio municipal de Servizos Sociais ou na seguinte ligazón:

https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ares-en-marcha-contra-o-cancro-2023

Tamén lembramos que, se o desexas, podes apoiar economicamente á Asociación Contra o Cancro en Ares mercando o teu dorsal solidario, que poderá adquirirse a través da propia web ou contactando directamente coa Asociación local.

Súmate e marcha contra o cancro!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,