Ares en marcha contra o cancro

Comparte esta nota de prensa

A nosa localidade adentrouse nos primeiros compases do mes de setembro movéndose por unha causa solidaria: o apoio á loita contra o cancro, no marco da andaina que promoveu a Xunta local da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) en Ares, en colaboración co Concello.

Aproveitando a boa climatoloxía, a veciñanza percorreu onte o paseo marítimo aresán, amais de espazos naturais como a praia de Centeás e o areal da Barrosa nun itinerario de seis quilómetros. Creouse así unha marea verde para amosar o compromiso coa investigación contra o cancro, mais tamén para exemplificar que nin pacientes nin familias están sós na súa loita!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares ilumínase contra o cancro

Na noite deste pasado 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, a fachada da casa consistorial tinguiuse de verde como xesto simbólico de apoio