O noso municipio celebrou onte unha nova andaina contra o cancro, unha iniciativa impulsada pola agrupación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) que conseguiu mobilizar a veciñanza para que amosase o seu apoio colectivo a afectados polo cancro, familiares e persoas achegadas.
Os participantes percorreron preto de 6 quilómetros polo paseo marítimo, Poellas ou as praias de Centeás e a Barrosa. Un traxecto para combinar actividade física na natureza cunha mensaxe a prol da loita contra o cancro, sabendo todo o que se percorreu, mais tamén reivindicando todo o que falta na procura de máis recursos de investigación desta doenza.
Unha vila sempre tinguida de verde!