Os meses que restan deste 2025 chegarán á vila cunha axenda chea de actividades para todos os públicos: espectáculos musicais, actividades deportivas, eventos polo Nadal, obradoiros na Biblioteca Municipal de Ares… e moito máis!
Se queres saber máis do programa municipal, consulta o calendario que deixamos aquí embaixo e vai marcando as propostas que máis chamen a túa atención.
Dende as Concellarías de Cultura e Deportes tamén agradecen especialmente a implicación da veciñanza, do tecido asociativo e Comisións de Festas para deseñar unha programación diversa.
Ligazón de acceso ao PDF: Programación cultural e deportiva – último trimestre 2025

