O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar a convivencia e o encontro arredor da práctica deportiva.
Por unha banda, Ares foi escenario dos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa de Veteranos e Adaptado, unha cita que salientou a relevancia deste deporte, mais tamén a súa inclusividade. A competición desenvolveuse ao longo da fin de semana pasada con gran ambiente na pista polideportiva!
Ademais, tamén se celebraron xornadas de voleibol, nas que xogadores e xogadoras de Pontedeume, Narón e Ares compartiron partidos e aprendizaxe nunha contorna de convivencia e deporte base durante este luns, coordinado polo Club de Voleibol Narón Volea.
Dende a Concellaría de Deportes agradécese a implicación das entidades e a participación de todas as persoas que fixeron posible estas xornadas onde o deporte foi, unha vez máis, sinónimo de encontro.






