Ares homenaxea a Rosalía de Castro e os seus Cantares Galegos baixo o ritmo do ukelele

Comparte esta nota de prensa

A programación municipal polo Día de Rosalía chegará mañá, mércores 21 de febreiro, ao salón de actos da Alianza Aresana coa actuación de Antón Ke ás 18:00 horas.

A localidade súmase así á celebración dunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, a que lembra a pegada da poeta galega na nosa sociedade.

A biblioteca municipal de Ares acollerá mañá, mércores 21, ás 18:00 horas o evento organizado pola Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, para celebrar o Día de Rosalía 2024. Ata alí se achegará Antón Ke co seu ukelele para interpretar versos musicados de Cantares Galegos, facendo que a música lle dea nova vida a esta obra fundamental no desenvolvemento da cultura galega.

Esta efeméride rosaliana prodúcese cada 23 de febreiro, ao ser o día de nacemento da poeta, despois de múltiples investigacións para esclarecer a xornada exacta na que chegou ao mundo Rosalía de Castro. A celebración serve en última instancia para rendir homenaxe a unha figura central na configuración identitaria de Galicia, unha Rosalía universal e sempre presente a través da súa poesía e prosa.

“Que inchadiña branca vela

antre os millos corre soa,

misteriosa pura estrela!

Dille o vento en torno dela:

«Palomiña, voa!, voa!”

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,