Ares móllase polos ríos

Comparte esta nota de prensa

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, en estreita colaboración co Concello de Ares, involucrarase xunto con máis de 70 entidades repartidas en 56 concellos de toda Galicia na limpeza simultánea de cursos fluviais que promove a Asociación Ecoloxista ADEGA.

Ao longo do domingo, 29 de setembro, voluntarios e voluntarias dirixiranse ao río Frades para extraer del a basura e elementos contaminantes, deixándoo libre de lixo, mais tamén poñendo sobre a mesa o seu deterioro. Denunciar a contaminación dos ríos volve ser un dos principais obxectivos desta XVII Limpeza Simultánea de Ríos, insistindo nesta problemática ambiental dos ecosistemas fluviais galegos.

Dende a organización recomendan que o voluntariado traia luvas de fregar da casa (as de vinilo ou látex rompen con facilidade), botas de auga, bolsas para a recollida de lixo e paus con punta, de ser posible. A limpeza arrancará ás 11:00 horas.

Despois da recolección dos refugallos por parte dos voluntarios no río Frades, que recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada, traballadores do Concello encargaranse de recollelos e levar a cabo un tratamento adecuado.

Para saber máis sobre esta iniciativa, consulta a información dispoñible na seguinte ligazón: https://limpeza.proxectorios.org/. E se queres sumarte a ela, contacta co número de teléfono 639 850 308.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares móllase polos ríos

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, en estreita colaboración co Concello de Ares, involucrarase xunto con máis de 70 entidades repartidas en