A actividades, abertas a toda a cidadanía e ao sector hostaleiro, celebrarase na Casa Rectoral e terá 20 prazas
O Concello de Ares pon en marcha unha nova actividade dentro da súa campaña de biorresiduos, nesta ocasión centrada no aproveitamento alimentario e na redución do desperdicio de alimentos. Trátase dun obradoiro aberto á participación da cidadanía e ao sector hostaleiro que se celebrará os días 13, 22, 23 e 30 de outubro, 17.30 a 19.30 horas, na Casa Rectoral.
A formación está dirixida á poboación en xeral e tamén ao sector hostaleiro e contará con 20 prazas, polo que será necesario realizar inscrición previa a través do formulario habilitado polo Concello.
Durante o obradoiro abordaranse cuestións relacionadas co aproveitamento dos alimentos e ofreceranse pautas prácticas que permitan facer un mellor uso dos produtos e evitar que alimentos que aínda poden ser aproveitados acaben converténdose en residuos.
Esta actividade forma parte da campaña de biorresiduos que está a desenvolver o Concello de Ares, con diferentes actuacións destinadas a fomentar entre a cidadanía hábitos que contribúan a unha xestión máis eficiente dos residuos.
A iniciativa está dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal e está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

