Ares pechou o mes de xaneiro cunha nova xuntanza do Club de Lectura Municipal

Comparte esta nota de prensa

A biblioteca municipal acolleu a semana pasada a última sesión do seu Club de Lectura, reunindo como cada mes a persoas apaxionadas pola literatura para compartir as súas impresións e reflexións. Nesta ocasión, a obra escollida foi Almendra, da escritora surcoreana Won-Pyung Sohn, unha novela a partes iguais conmovedora e impactante.

Almendra (Temas de hoy, 2020) introduce ao lector na vida de Yunjae, un mozo de 16 anos que, debido a unha condición neurolóxica, é incapaz de sentir emocións. A súa existencia transcorre nun fráxil equilibrio entre a aprendizaxe das expresións alleas e o esforzo por encaixar ata que un tráxico suceso cambia a súa vida por completo. A través das súas personaxes, a historia convida a explorar a empatía, a resiliencia e a capacidade de atopar luz na escuridade.

Unha lectura breve, pero moi intensa, para falar da soidade e o crecemento persoal!

Pódeche interesar

Avisos

Ares contra o Cancro 2025

A casa consistorial de Ares luce durante toda esta semana unha nova iluminación ornamental sobre a súa fachada, facendo protagonista á cor verde e sumándose