Ares premiará as mellores caracterizacións indianas cun concurso de traxes

Comparte esta nota de prensa

A Praza da Constitución da vila transformarase en escenario de desfiles a través dunha das novas propostas da Concellaría de Cultura para o Ares Indiano 2025. Durante a tarde do domingo, 24 de agosto, o Concello impulsará un concurso de vestimenta indiana, ‘Amosa o teu traxe’, co foco posto en premiar a implicación do público que acuda caracterizado ao evento.

Valorarase por parte do xurado –composto por representantes da organización do Ares Indiano e por Beatriz Sieira, modista especializada en traxes de época- a orixinalidade, a fidelidade histórica e o nivel de confección dos traxes das persoas que se animen a participar.

Poderá participar calquera persoa, de calquera idade, que se achegue caracterizada como indiana ou indiana ao punto habilitado para o concurso na Praza da Constitución ás 17:50 h. do 24 de agosto, dez minutos antes do inicio do desfile.

Establécense cinco premios para as categorías dentro de Amosa o teu traxe:

CATEGORÍA ADULTA

A partir de 15 anos, recibindo 50 euros en metálico por gañador/a.

  • Gañadora mellor traxe femenino.
  • Gañador mellor traxe masculino.

CATEGORÍA INFANTIL

Ata 14 anos, recibindo como premio unha caixa de agasallos por gañador/a.

  • Gañadora mellor traxe femenino.
  • Gañador mellor traxe masculino.

CATEGORÍA GRUPOS

6 ou máis integrantes de calquera idade que terán como galardón 100 euros en metálico.

  • Declararase un único grupo gañador.

Para ampliar información, habilitouse o número de teléfono 981 448 057 e o e-mail aresindiano@concellodeares.com.

Pódeche interesar