Ares propón novas actividades extraescolares centradas na aprendizaxe tecnolóxica para a mocidade

Comparte esta nota de prensa

  • Concello e Fundación Esplai organizarán na Casa da Xuventude sesións para os rapaces de 9 a 13 anos de dúas horas, todas elas orientadas a tecnoloxías dixitais: programación, robótica, intelixencia artificial…
  • A iniciativa producirase do 6 de outubro ao 22 de decembro e terá o seu proceso de inscrición aberto até o 22 de setembro.

 

A Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Ares contará ao longo deste peche de 2025 cunha programación extraescolar destinada á rapazada, froito da colaboración entre o Concello e a Fundación Esplai, totalmente de balde.

Baixo o nome ‘CRI-TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital’, os mozos e mozas poderán aprender sobre tecnoloxía de forma segura, creativa e divertida do 6 de outubro ao 22 de decembro. Entre os módulos de contido haberá espazo e tempo para falar do emprego consciente e responsable das tecnoloxías, mais tamén afondar en cuestións de programación, robótica, intelixencia artifical, ciberseguridade ou realidade virtual; unha panorámica completa para entender a complexidade tecnolóxica do noso presente.

As sesións destínanse á mocidade de 9 a 13 anos, divididos en 12 prazas por grupo:

  • Grupo 1: Luns, 16:00 a 18:00 h.
  • Grupo 2: Mércores 16:00 a 18:00 h.

O proceso de inscrición atópase xa aberto ata o 22 de setembro, inclusive, tendo que contactar vía e-mail con irene.ferreira@fundacionesplai.org especificando inicialmente nome e apelidos, idade e concello onde se atopa empadroado/a o mozo/a.

Aprende, experimenta e divírtete no mundo dixital!

Pódeche interesar