A Concellaría de Cultura do Concello de Ares, co apoio da Deputación da Coruña e no marco do ciclo «Outono das Artes», organiza a proxeción do documental «Ao son da nova regueifa».
A cita celebrarase este venres, 2 de outubro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana. Trátase dunha oportunidade única para achegarse á tradición oral, á música e á renovación contemporánea da improvisación en verso na nosa lingua.

