- A Concellaría de Cultura súmase un ano máis ao programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) para visitar Santiago de Compostela o 27 de marzo e achegarse á peza teatral de William Shakespeare.
- Precisarase inscrición previa dende o vindeiro luns, 9 de marzo, na Biblioteca Municipal de Ares de xeito presencial. Pagaranse 5 euros polas entradas ó espectáculo.
Unha viaxe en autobús dende Ares ao Salón de Teatro de Compostela para vivir ‘Hamlet’: esa é a proposta da área de Cultura municipal tras incorporarse ó programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG) cunha saída que se promoverá o 27 de marzo, coincidindo ademais coa celebración do Día do Teatro 2026.
Así se facilitará o acceso da veciñanza a unha das obras fundamentais do dramaturgo inglés William Shakespeare, dirixida por Tito Asorey cun elenco de 16 intérpretes. A producción do CDG representará esta traxedia de vinganzas, traicións e remordimentos do príncipe de Dinamarca, publicada orixinalmente por Shakespeare en 1603. Un xeito de incorporar ó teatro galego contemporáneo unha peza universal.
No tocante ós horarios, o autobús dirixirase cara Santiago ás 15:20 horas do 27 de marzo dende a Porta do Sol (parada de buses) e sairase de regreso dende Compostela aproximadamente ás 20:15 h., tras asistir á función.
Para sumarse á iniciativa, necesitarase reservar previamente praza, asistindo presenciamente á Biblioteca Municipal de Ares e depositando os 5 euros do prezo da entrada.
O proceso de inscricións abrirá o vindeiro luns, 9 de marzo, ata esgotar todas as prazas habilitadas.

