Ares súmase á 34ª edición de Equiocio

Comparte esta nota de prensa

O certame ecuestre de Ferrol, unha cita fundamental que actúa como escaparate de toda a comarca, vén de presentarse onte no Centro Cultural Torrente Ballester. E Ares tamén estivo representado neste acto de inauguración oficial, como tamén formará parte do evento deportivo durante os seus catro días, a través da Concellaría de Turismo que dirixe Lucía Blanco.

Equiocio 2025 regresará ao Campo das Cabazas, en Covas, entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto facendo da competición hípica o prato forte, con preto de 260 saídas diarias a pista, mais tamén convertindo as súas instalacións nun espazo de creación de sinerxias entre concellos, entidades deportivas, turísticas e culturais.

Entre os alicerces do evento, está o incentivo do Xeodestino Ferrolterra-Rías Alta, conectando o eido deportivo co turístico como motores económicos da comarca.

Podes coñecer máis do acto inaugural na seguinte ligazón: https://equiocio.es/presentacion-oficial-equiocio-ferrol/?fbclid=IwY2xjawLuwJ9leHRuA2FlbQIxMABicmlkETBaTDlWUlVwazlMMW9qbElhAR4XUbyYNYHYGLXUuzkVHk2jNQhXYNxCMHiWm9ZtcfQHiFvjn0fClSKlHBjRfw_aem_p5ajsuqhrsPXzJnDn0EPhg.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares súmase á 34ª edición de Equiocio

O certame ecuestre de Ferrol, unha cita fundamental que actúa como escaparate de toda a comarca, vén de presentarse onte no Centro Cultural Torrente Ballester.