A localidade acollerá esta iniciativa o domingo 22 de outubro ás 13:00 horas ao longo do Paseo Marítimo.
A Xunta local de Ares da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) organiza este acto solidario no municipio para expresar o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias. Ademais, búscase concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación, a prevención e o diagnóstico temperán.
Desde a organización, anímase a todos a unirse e participar neste evento solidario vestindo algunha prenda de cor rosa.