O Concello, en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia e a Xunta, organiza o vindeiro 25 de setembro unha xornada informativa para falar da Comunidade Enerxética Local de Ares, unha forma de organización onde persoas e entidades locais pódense unir para producir, xestionar e compartir enerxía renovable de forma colaborativa, reducindo custos enerxéticos.
Se queres saber como aforrar na factura da luz dun xeito eficiente e sostible, achégate ás 19:00 h. deste xoves ao Salón de Actos da Alianza Aresana para saber como sumarte á Comunidade enerxética local e formular as túas dúbidas.
A xornada ten entrada libre e contará coa presenza do alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias Redondo.