- Por mor disto, a vindeira semana haberá unha regulación intermitente do tráfico e tránsito de péons na contorna da Praza da Igrexa, amais dunha parte do paseo marítimo cercana ó bar Gaiteiro.
Do 9 ao 12 de xuño, a vila acollerá ao equipo de produción de Vaca Net TV para principiar coa rodaxe da segunda tempada da serie ‘Clanes’, de Netflix, o thriller protagonizado por Clara Lago e Tamar Novas.
Ares converterase de novo en plató audiovisual da serie -que xa recalou no municipio para gravar a súa primeira tempada no verán de 2023-, e produto disto tamén contará durante as catro xornadas de gravación cunha sinalización temporal e cortes do paso de peóns e vehículos, en función do rodaxe das tomas de Clanes, na Praza da Igrexa de Ares e na contorna do bar Gaiteiro, no paseo marítimo.
Así, esta regulación temporal do tráfico aplicarase de xeito intermitente entre as 9:00 h. e 18:00 h. do 9 ao 12 de xuño.
Agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza nos cortes nestes lugares sinalados do núcleo urbano.