Ares Verde é un dos últimos plans de promoción socioturística do Concello, centrado eminentemente na revalorización do patrimonio natural. Este proxecto mantén un espírito integrador e holístico; non só salienta a riqueza paisaxística de Ares, senón que tamén busca vincular a práctica turística coa práctica deportiva.
Atopamos, entre os principais atractivos de Ares Verde, os seus roteiros sendeiristas, unha iniciativa que nace da coordinación entre a Concellería de Turismo e a Concellería de Deportes e que permite descubrir e redescubrir múltiples puntos de gran atractivo natural tanto a veciños e veciñas como a turistas.