Ares xa loce o seu calendario municipal para o vindeiro ano

Comparte esta nota de prensa

Tras fallar o VIII Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza este almanaque coas instantáneas gañadoras e finalistas.

Este xoves pasado a Alianza Aresana acolleu a entrega dos premios do VIII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, no marco dun acto no que tamén se presentou o Calendario Municipal de 2025 que integra as intantáneas das gañadoras deste certame, Laura R. Fernández Loza e Clara Martínez Rouco, así como dos seus finalistas Mariana Espinosa Borbón, Martina Mayobre García e Leo Ramil Iglesias.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, estendeu os seus parabéns a gañadores e finalistas, mais tamén á mocidade que se animou a participar e, polo tanto, a capturar o municipio aresán dende unha ollada persoal, buscando recoñecerse nas paisaxes e espazos do seu arredor.

Asimesmo, Barrón agradeceu a involucración de Yolanda Castro, da comunidade educativa do CPI As Mirandas, e de Marcos López Alonso, da Asociación de Fotografía de Ferrolterra, coma compoñentes do xurado desta oitava edición do concurso.

Coma se lembrou no propio evento, o calendario municipal xa está dispoñible dende hoxe, luns, 9 de decembro, na Biblioteca Municipal de Ares para toda a veciñanza que o desexe.

 

Pódeche interesar