Se aínda non probaches todos os pinchos do DegustAres, que saibas que mañá, 14 de maio, e o domingo tes outra oportunidade! Arranca a segunda e última fin de semana da nosa ruta de tapas para que probes, valores e decidas co teu voto os pratos gañadores.
Non esquezas que cubrindo toda a folla da ruta tamén poderás entrar nun sorteo de vales por un montante de 100 euros cada un para investir no noso comercio!
Saborea a gastronomía aresá nos 10 locais que axudan a facer realidade o DegustAres e que poderás atopar aquí embaixo: Bocarte Ares, O Bodegón, Bar/Tapas Callejón, A casa Nova, O Gaiteiro, Hamburgueseria O lago, O Parrocho, Café Bar “El Puente”, Tarrafa, Cafetería Yambu.