As Mirandas e Coitelada

Se a súa intención é gozar do mar e ver un espectáculo de ondada, a natureza de  As  Mirandas e de Punta  Coitelada permitiranlle ver un festival de ondas rompendo fortemente contra as rocas. A súa localización máis afastada do centro da vila e o longo paseo que conduce aos mesmos permite gozar das vistas, o campo e a súa fauna.