O Concello lanza a programación cultural do VeranAres 2024

Decenas de actividades dinamizarán a vila en xullo, agosto e setembro para que todo o mundo poida desfrutar do período estival. Cine ao aire libre, eventos deportivos, concertos, xornadas gastronómicas populares… a variedade da programación consolida ó municipio como referente comarcal para os próximos meses. A localidade de Ares activa as súas engrenaxes para a […]

VeraneAres Cultural 2024

XUÑO 2 XUÑO: ALFOMBRAS FLORAIS DE ARES. Festa de interese turístico de Galicia. 2 XUÑO: Ciclo de Teatro clásico grecolatino. Antígona. 20 h. Mosteiro de Sta. Catalina Organiza: Asociación de Amigos de Santa Catalina. Colabora: Concello de Ares. 6 XUÑO: Relatorio: Alimentación Saudable: come con xeito. 20:00 h. Alianzas Aresanas Organiza: Concello de Ares. 8 […]

O autobús para doar sangue chega a Ares mañá, xoves, 6 de xuño

Cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais galegos. Non esperes e doa sangue. En Ares, mañá, xoves, 6 de xuño. Unidade móbil para doar sangue ao carón de “El Pez Rojo” (Avda. Saavedra Meneses). De 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar […]

‘Indianos do Norte’, unha colección de azucarillos para dar a coñecer o valioso patrimonio das localidades da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico

O Concello de Ares está presente nesta colección composta por catro millóns de azucarillos que incorporan fitos arquitectónicos de orixe indiana, materializada a través da colaboración con Café Dromedario. Xunto a Ares tamén se atopa a localidade galega de Ribadeo; Boal e Ribadedeva, en Asturias; Comillas e Medio Cudeyo, en Cantabria; Balmaseda, de País Vasco, […]

Ares vólcase co baloncesto nestas últimas semanas

O mes de maio rematou na nosa localidade con moito movemento deportivo centrado na práctica baloncestística. O venres, 31 de maio, clausurouse a Escola Municipal de Básquet de Ares cun encontro de intercambio coa Escola de Fene ao que asistiu Alma Barrón, concelleira de Deportes, para a entrega de medallas aos xogadores participantes, como continuación […]

Punto limpo móbil instalado en Barracido

O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Barracido para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.   Coidemos do medioambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da comunidade […]

O Concello organiza a charla ‘Alimentación saudable: come con xeito’ o próximo xoves

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este 6 de xuño ás 20:00 horas unha ponencia para que a veciñanza poida aprender como facer un prato equilibrado en termos de nutrintes e reparto de enerxía, recomendacións alimentarias básicas e outras cuestións vencelladas cunha dieta saudable. A iniciativa, inscrita dentro da Academia AresXSalud, estará impartida […]

Arte, flores e traballo colectivo salientan un ano máis o compromiso de Ares co seu Corpus

Esta fin de semana, toda a localidade volveu volcarse coas Alfombras Florais, enchendo as rúas do núcleo urbano aresán de cor e tapices de flores. O Corpus Christi de Ares, organizado pola Asociación de Alfombras Florais e declarado de Interese Turístico de Galicia, reuniu á veciñanza na noite do sábado para confeccionar colectivamente estas mostras […]

‘Orientación basureira’, peche final do proxecto Sporural 2023-2024

Ao longo da mañá de onte e a de hoxe, xoves 30 de maio, o alumnado do CPI As Mirandas está a protagonizar o peche final do proxecto Sporural, unha iniciativa internacional na que se atopa inmersa o Concello de Ares ao longo da anualidade 2023-2024. Baixo a programación da Concellaría de Deportes, mozos e […]

O CPI As Mirandas organiza a súa VI Feira de Proxectos en Ares

Durante a tarde de onte, martes, 28 de maio, o pavillón polideportivo de Ares acolleu unha cita singular: a Feira de Proxectos que promove o CPI As Mirandas con todo o seu alumnado, involucrando dende os máis pequenos de primaria aos máis maiores da secundaria. Pais, nais e veciñanza puideron comprobar de primeira man como […]