O Concello licita catro postos do mercado municipal de Ares

Nestes últimos días aprobáronse as bases que regulan as condicións do procedemento de adxudicación, tamén publicadas este xoves no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A persoa adxudicataria dalgún dos postos abonará 30 euros ao mes, 60 euros ao ano pola auga e 118 euros pola luz. A maiores, será imprescindible abonar os 1.500 euros do […]

Comezan as actividades polo Día das Letras Galegas en Ares

As actividades que programou a Concellaría de Cultura co galo do Día das Letras Galegas arrancarán mañá, xoves, 16 de maio, co espectáculo ‘Indóciles’, unha mestura de poesía, música e narración oral a cargo de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, para homenaxear o legado e a voz poética de Luísa Villalta, unha […]

O Concello comeza coas obras de renovación de servizos nas rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán na contorna do Porto

A intervención renovará a infraestrutura de saneamento de augas fecais e pluviais, xunto coa eléctrica e de telecomunicacións, amais da iluminación e os pavimentos, que contarán con formigón coloreado. O proxecto conta cun orzamento de 207.792,92 euros, distribuídos entre o Concello (90.125,94 euros) e o POS+2023 (117.666,98 euros) da Deputación. A Concellaría de Urbanismo vén […]

Apertura das inscricións do ConciliAres 2024

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de notificar a apertura das inscricións para o ConciliAres 2024, o servizo municipal de conciliación laboral e familiar, esta mesma mañá até o venres, 31 de maio. Pódese formalizar o prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do programa, nesta ligazón: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9. As bases completas poden […]

Punto limpo móbil instalado en Redes

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.  

Ares e Mugardos celebran o Voto de Chanteiro 2024

Os Concellos de Ares e Mugardos veñen de desvelar o servizo de autobuses e a programación que se organizará durante o martes, 21 de maio, no marco da celebración do tradicional Voto de Chanteiro. 10:30 horas: Saída de autobuses de Ares e Mugardos. Ruta de autobús dende Mugardos: inicio en San Xoán de Piñeiro e […]

Inscricións abertas para a ruta extraordinaria do SendAres 2024: Asturias

Esta mesma tarde do 13 de maio abriu o prazo de inscrición na iniciativa promovida pola área de Deportes para empadroados/as. Pódese reservar unha das 34 prazas habilitadas a través do formulario telemático (https://forms.gle/uHN6jAdtgru74oZo9) que se atopa na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 90 […]

Bases Programa ConciliAres

INSCRICIÓNS CONCILIARES 2024: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9 INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e […]

O ConciliAres, o servizo de conciliación laboral e familiar do Concello, abrirá mañá, 14 de maio, as súas inscricións

O prazo para inscribirse estará operativo até o venres, 31 de maio incluído, coa opción de achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais de Ares ou por rexistro electrónico na web institucional, concellodeares.gal. Polas obras previstas no CPI As Mirandas durante o verán, a actividade do servizo de conciliación centralizarase no Local Sociocomunitario de […]

O Tarrafa lévase o 1º Premio do DegustAres 2024 pola súa tapa ‘Terras de Ares’

Xunto a el, completan o pódium co 2º e 3º Premios o CIRS Cervás con ‘Canfurneiro’ e o Casino Aresano con ‘Trainera Casino’, tras contabilizar as puntuacións dos 103 participantes que dictaminaron cales foron os mellores pinchos de entre todas as propostas. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, entregou o venres pasado os galardóns e […]