Ares e Mugardos conmemoran o Voto de Chanteiro 2024

Un ano máis Ares e Mugardos celebraron o tradicional Voto de Chanteiro, unha romaría con fondas raíces no noso territorio e que congrega a centos de persoas arredor da Ermida da Mercé. O inicio da tradición está vencellado coa peste que asolou Europa, incluído Ferrol e comarca, durante os primeiros compases do século XV. Na […]

Punto limpo móbil instalado en Lubre

O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Lubre para a recollida de residuos especiais. Permanecerá alí durante toda a semana. Lembra que poderás depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.  

A Copa de España de Enduro enche Montefaro do mellor ciclismo nacional

A quinta e última proba da Copa de España de Enduro volveu á vila de Ares da man do Club Pulpeiros de Mugardos e converteu a contorna de Montefaro no escenario perfecto para achegarse a unha mostra de ciclistas chegados de todo o territorio nacional. Durante toda a fin de semana, os bikers percorreron os […]

Un Numancia de Campións

Boas novas nesta fin de semana para o fútbol aresán, pois toca parabenizar ao SDR Numancia de Ares por partida dobre. Despois de asegurar o seu ascenso, o equipo sénior levouse o Campionato de Liga, mais tamén os seus xuvenís lograron a Copa Ferrol xusto na tarde de onte. A casa consistorial tinguiuse de vermello […]

Música, narración oral, poesía e moita literatura polas Letras Galegas 2024

Ares celebrou o Día das Letras Galegas con dúas programacións por parte da Concellaría de Cultura ao peche da semana pasada, sempre co galo de homenaxear a Luísa Villalta, a poeta que se conmemora neste ano, e á literatura de Galicia. Deste xeito, os versos de Villalta resoaron con forza no salón de actos da […]

O Concello licita catro postos do mercado municipal de Ares

Nestes últimos días aprobáronse as bases que regulan as condicións do procedemento de adxudicación, tamén publicadas este xoves no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A persoa adxudicataria dalgún dos postos abonará 30 euros ao mes, 60 euros ao ano pola auga e 118 euros pola luz. A maiores, será imprescindible abonar os 1.500 euros do […]

Comezan as actividades polo Día das Letras Galegas en Ares

As actividades que programou a Concellaría de Cultura co galo do Día das Letras Galegas arrancarán mañá, xoves, 16 de maio, co espectáculo ‘Indóciles’, unha mestura de poesía, música e narración oral a cargo de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, para homenaxear o legado e a voz poética de Luísa Villalta, unha […]

O Concello comeza coas obras de renovación de servizos nas rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán na contorna do Porto

A intervención renovará a infraestrutura de saneamento de augas fecais e pluviais, xunto coa eléctrica e de telecomunicacións, amais da iluminación e os pavimentos, que contarán con formigón coloreado. O proxecto conta cun orzamento de 207.792,92 euros, distribuídos entre o Concello (90.125,94 euros) e o POS+2023 (117.666,98 euros) da Deputación. A Concellaría de Urbanismo vén […]

Apertura das inscricións do ConciliAres 2024

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de notificar a apertura das inscricións para o ConciliAres 2024, o servizo municipal de conciliación laboral e familiar, esta mesma mañá até o venres, 31 de maio. Pódese formalizar o prerrexistro en liña, tal e como figura nas bases do programa, nesta ligazón: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9. As bases completas poden […]

Punto limpo móbil instalado en Redes

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.