A XXXI Milla Urbana volveu ao noso municipio para encher a Praza da Igrexa!

O paseo marítimo foi o escenario perfecto para esta xornada deportiva, onde familias, veciños e visitantes uníronse para gozar dunha visión lúdica e interxeracional do deporte. O día obsequiounos cunha climatoloxía perfecta e o evento non só promoveu a actividade física e o espírito competitivo, senón que tamén reafirmou que é un dos encontros máis […]

Ares divulga en Equiocio o seu patrimonio turístico

Na cerimonia de apertura do certame de hípica, que ten lugar en Covas, Ares inaugurou esta mañá a súa propia caseta de información, coa presenza do alcalde, Julio Iglesias, e a concelleira de Turismo, Lucía Blanco. O stand de Ares tamén contou coa visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que participou no acto inaugural […]

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol puxo en marcha un novo prazo de inscrición para o Programa Integrado de Emprego

Deseñado especialmente para mulleres en situación de desemprego que estean rexistradas na oficina de emprego e empadroadas no noso concello, así como nos de Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño. Dentro deste programa, actualmente ofrécense prazas vacantes en diferentes itinerarios formativos, entre os cales se atopan a Cociña (tanto Cociña colectiva como Cociña […]

O Ares Indiano estrea o cartel da súa próxima edición

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, presentou o cartel do próximo gran evento sociocultural da localidade, o Ares Indiano, que se organizará durante o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de agosto, nun evento xa consolidado na comarca coma referencia na celebración indiana. Así, o municipio celebrará o Ares Indiano durante estes tres días, […]

O Concello adxudica as obras para a renovación do patio da Escolas do Lago

Mentres as obras no segundo edificio das Escolas do Lago avanzan a bo ritmo, o Concello vén de dar un paso definitivo na rehabilitación de todo o conxunto, tras a recente adxudicación das obras coas que se renovará o seu patio. A intervención permitirá o empedrado do chan do recinto exterior, e tamén do caleixón […]

O “ConciliAres” pon fin á súa programación lúdico-educativa do mes de xullo e prosegue coas súas actividades durante todo o mes de agosto!

O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Benestar, o ConciliAres, encarou onte a súa última xornada de actividade correspondente ao peche de xullo, e estrénase hoxe nas actividades que desenvolverá durante todo o mes de agosto. Así, nesta nova etapa, continuarase ofrecendo unha variada programación centrada na diversión, pero sempre desde unha […]

O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na súa nova localización semanal: Cortiñas Gil.

Durante toda esta semana, estará dispoñible nesta localización para os veciños e veciñas que desexen desfacerse de pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado de maneira adecuada. Tras isto, o punto limpo trasladarase á súa próxima parada, no núcleo urbano de Redes. Aproveita esta oportunidade para contribuír ao coidado do medio ambiente e […]